Pazo-Museo Quiñones de León

O Museo Quiñones de León convídate a coñecer o mellor da arte galega do século XX, abríndote as portas dunha das edificacións señoriais máis típicas de Galicia, un auténtico pazo.

Enclavado no fermoso Parque de Castrelos, unha vista ao Museo Quiñones de León de Vigo permitirache gozar dunha tarde interesante e relaxada, tanto se viaxas só, en parella ou cos nenos.

En total, son 29 salas de exposición permanente. Na planta baixa preservouse o ambiente señorial da antiga residencia e, ademais de pezas de arte decorativas dos séculos XVIII ao XX, ofrece unha impresionante colección de pintura europea do XVII e XVIII, na que se inclúen depósitos do Museo do Prado e do antigo Museo Nacional de Arte Moderna.

O Pazo Quiñones de León tamén dedica un edificio anexo á sección arqueolóxica, que expón pezas que van desde o Paleolítico ata a Idade Media, procedentes de Vigo e a súa comarca.

Pistas e recomendacións: 

Vai con calzado cómodo: ao terminar a visita ao Museo Quiñones de León poderás pasear  polos fermosos xardíns que rodean o antigo pazo. 

Entre eles, destaca o Xardín Sensorial, un percorrido adaptado a persoas con deficiencias de visión, a través de estímulos táctiles e olfactivos e que foi recoñecido pola UE cun premio ao patrimonio cultural.


Fuente: turismodevigo.org

Características de Museos e centros de interpretación

  • Centrico Si