Petroglifo Outeiro de Chan da Lagoa - CAMPO LAMEIRO

Esta estación está moi próxima á de Chan da Lagoa, para acceder á estación de Outeiro de Chan da Lagoa dende a primeira hai que tomar un sendeiro que se atopa de fronte. É o mellor xeito de acceder a ela, xa que é un outeiro, que adoita estar cheo de matogueira. Nesta rocha hai representados un cervo e tres motivos de combinacións circulares. A cronoloxía suponse da transición do III-II milenio a. de C.


Fuente: turismo.gal