Ruta da Croa - VILABOA

A "Ruta da Croa" discorre polas parroquias de Acuña e Larache, comezando o seu trazado nas coñecidas Salinas do Ulló.
Para chegar a este punto, desde Pontevedra collemos a
N-555, dirección a Vigo. Á altura de Vilaboa temos que coller unha carreteira sinalizada á man dereita, que leva ó concello (N-554). Nesta carreteira collemos unha pista asfaltada á man esquerda, que nos conduce as Salinas do Ulló, o inicio do sendeiro.

O sendeiro proposto comeza cun tranquilo paseo pola bancada das Salinas, adentrándonos na Granxa das mesmas e visitando Acuña e Larache, ofrecendo unha fantástica panorámica das filas Alvedosas, San Simón e da ría de Vigo. Continua facendo un percorrido polo Chan da Croa e regresa de novo as Salinas.

A ruta proposta é un Sendeiro de Pequeno Percorrido (PR-G), o cal transcorre por cada un destes enclaves naturais, comezando na emblemática paisaxe das Salinas do Ulló, acadando un trazado duns 8 Km de lonxitude.

Valores da ruta:
As Salinas do Ulló, a bancada das Salinas, granxa das salinas, peirao de Acuña (onde se atopa a Pedra dos Caralletes), vista das illas Alvedosas, ría de Vigo, granxa de Larache, a Chan da Croa.
Fauna: gran variedade de anátidas, páxaros, ras, garzas reais,...

Descrición do percorrido:
O sendeiro da Ruta da Croa é un sendeíro de pequeno percorrido que forma un tramo circular, comezando nas Salinas do Ulló, pasando polos barrios de Acuña e Larache, subindo ó monte da Croa e voltando de novo ó punto de partida.

O sendeiro comeza nas Salinas do Ulló, percorrendo a zona da bancada, dirección norte-sur. Ó chegar ó final da bancada adéntrase no corazón da Granxa das Salinas. Nese lugar pódense visitar as antigas casas onde se elaboraba o sal. Ó carón das mesmas atopamos a boca dunhas antigas minas.

O camiño segue pola beira do mar ata chegar ó peirao de Acuña, permitindo ó visitante disfrutar dunha magníficas vistas ás lilas Alvedosas, á illa de San Simón, Arcade, o alto da Peneda, Rande e o Monte Cabalo. No peirao podemos atopamos a coñecida Pedra dos Caralletes.

Despois de pasar este tramo o sendeiro adéntrase na Granxa de Larache, onde atopamos unha gran cantidade de árbores autóctonas.

Seguimos o camiño e despois de atravesar un tramo de monte, chegamos ó cruceiro do Bolo do Con, despois de pasar este fermoso cruceiro subimos ata o chan da Croa, lugar onde atopamos un antigo asentamento humano, do que aínda se conservan os restos.

Despois de baixar deste lugar, o sendeiro discorre polo barrio de Acuña, transcorrendo por terreos de labranza e un bosque de ribeira. Segundo se avanza poden verse o cemiterio, a ígrexa románica, o pavillón polideportivo e a casa do concello de Vilaboa. Ó final deste camiño voltamos de novo á paraxe das Salinas.

Características de Rutas á natureza

  • Distancia de todo o recorrido 8 km
  • Zonas habitadas Si
  • Nivel de dificultade Medio