Ruta de los molinos de Vilaboa - VILABOA

O"Sendeiro dos muiños de Vilaboa" atópase na parroquia de Vilaboa. O sendeiro discorre viaxando río arriba polo Trasmil. O punto de partida son as Salinas do Ulló, e o sendeiro discorre por cada un dos muíños que atopamos nos lugares do Toural, Río, Cimadevila, e arredores de Postemirón e A Graña, rematando na fermosa paraxe da Lagoa de Castiñeiras.

Na marxe do río atópanse esparexidos 15 fermosos muíños, formando un complexo hidráulico de moendas de cereais como avea, centeo ou millo. Trátase de muíños de herdeiros e muíños comunitarios que chegan a ser compartidos por ata quince donos. Os muíños que atopamos ó longo do percorrido, vanse sucedendo de forma continuada e encadeada, exceptuando os dous primeiros que están un tanto afastados dos demais.

O sendeiro proposto é un Sendeiro de Pequeno Percorrido (PR-G), o cal transcorre por cada un destes muíños, comezando nas Salinas do Ulló e rematando na Lagoa de Castiñeiras, permitindo disfrutar dunha paisaxe espectacular.

Valores da ruta:

Un conxunto de quince muíños, dos cales a maior parte conservan os muros de pedra, as rodas, os tremiñados,o rodicio, e os sistemas de captación de auga. - Varias pontes antigas de pedra, que permiten cruzar o río dun extremo a outro. - Centro de Recuperación de Aves (C astiñeiras). - Salinas do Ulló. -Mirador de Cotorredondo, dende onde se aprecian unhas magníficas vistas das Rías Baixas (Vigo, Pontevedra e ata Arousa).
Fauna: anátidas, outros paxaros menores (ferreiriños, paporrubios, merlos, ..), palomas, lagartos, sapo, ratoeiro, pardal, lavandeira, cuco, bubela, ourizo, toupa, musaraña, coello, rato campestre, ardillas,..

Descrición do percorrido:

O sendeiro comeza nas Salinas do Ulló, onde se conservan varios depósitos ou estanques nos que se realizaba a evaporación da auga mariña para producir o sal. Ó pasar este lugar temos que atravesar a xunqueira, unha fermosa zona de marisma. O roteiro continúa pola marxe do río Trasmil.

Na primeira parte do sendeiro atopamos dous muíños bastante alonxados do resto, coñecidos como Muíño do Grupo Escolar e Muíño das Verdellas. No lugar de Río atopamos un total de oito muíños, que se atopan en bo estado de conservación. Os nomes dos mesmos son Muíño da Tella, Muíño de Maestro, Muíño de Cimadevila, Muíño de Collazo, Muíño das Freixas, Muíño de Zapateiro, Muíño das Pallas e Muíño de Antón. Todos eles agás un, conservan a pedra de moer e moitos teñen o rodicio, construido en ferro. Estes muiños abastécense polo sistema de canle, que vai duns a outro. Ó pasar este grupo de muíños atopamos outro de catro no que atopamos os muíños de Prilleiras, Muíño de Capuriños, Muíño do Cubo Alto e Muíño de Victoria. Todos estes muíños conservan as pezas e os sistemas de canalización de auga polos que se abastecen, que é o de canle agás no muíño de Cubo Alto, que utiliza o de cubo.

En varios puntos do sendeiro, o río forma pequenos saltos de auga en forma de fervenza. No transruso do mesmo podemos ver dúas presas, a través das cales a auga é reconducida por canos para labores de regadío. Seguindo o roteiro atopamos a área recreativa de Castiñeiras, unha fermosa fraga de abidueiras, acibo, chuchamel, etc. Continuando o sendeiro, este enlaza co Roteiro Ecolóxico do Morrazo (GR-59).

Pouco máis arriba chegamos á Lagoa de Castiñeiras, unha fermosa área recreativa donde se poden observar diferentes variedades de árbores. Neste punto están instalados a Aula da Natureza San Xulián, o Centro de Recuperación de Aves e a fermosa lagoa artificial. No punto máis alto deste lugar podemos achegarnos ó mirador de Cotorredondo, onde se poden apreciar unhas excelentes vistas das Rias Baixas (Vigo, Pontevedra e incluso Arousa). O camiño retorna de novo as Salinas do Ulló, descendendo polo mesmo lugar.

Características de Rutas á natureza

  • Distancia de todo o recorrido 7 KM
  • Zonas habitadas Si
  • Nivel de dificultade Medio