San Miguel de Castro - A ESTRADA

Situado na parroquia de San Miguel de Castro, o miradoiro constitúe un enclave privilexiado para contemplar o Pico Sacro e os meandros do río Ulla, así como unha frondosa paisaxe de montaña e val. Por esta parroquia transcorre unha pequena parte do camiño de Santiago.