San Xoán de Poio - POIO

No mosteiro mercedario de San Xoán de Poio destaca a igrexa construída no século XVII e que reflicte o gusto pola conxugación de formas clasicistas e barrocas. No seu interior existe un belo retablo do século XVIII, de estilo "churrigueresco", e na nave esquerda está o sepulcro de Santa Trahamunda (moi venerada no municipio). Tamén é destacable o claustro das procesións (século XVI), cunha fonte barroca e unha orixinal escaleira. Tamén cabe destacar a súa biblioteca, o museo de mosaicos, a "Escola de Canteiros" ou a sede dos cursos da Universidade de Verán. Na actualidade está dedicado o convento a hospedaxe turística rexida por a monxas.