Sobreirais do Arnego - AGOLADA

A sobreira, só presente en Galicia nas zonas máis abrigadas dos vales fluviais, ten na conca do Ulla ás beiras do seu afluente o Arnego un dos bosques mixtos mellor conservados da comunidade. Acompáñase principalmente de carballo. Os exemplares de maior porte poden chegar ata os 25 metros de altura, e nas zonas máis accesibles mostran as cicatrices da explotación secular da cortiza.
Un dos mellores sitios para achegarse ao Arnego, onde o sobreiral forma unha masa densa de vexetación, é o val de Carmoega, en Agolada. No camiño dos muíños existe unha boa senda de pescadores con área recreativa.


Fuente: turismo.gal