Carnaval de Pontevedra 2017 /Entroido de Pontevedra 2017
Estamos na contra atrás para o Entroido. Hoxe a concelleira de Festas, Carme da Silva, presentou o cartaz do Entroido 2017 e a programación das festas que teñen na retranca, no que parece e non, na crítica e no humor a súa identidade. Xunto a ela estaban os autores do cartaz: Din Matamoro e Kiko da Silva.
O Entroido pontevedrés comezará o venres 24 de febreiro e cunha importante novidade: a lectura do pregón trasládase a praza da Ferrería co fin da dar cabida ao cada vez máis numeroso público que dende o minuto un súmase á festa. “A Verdura quedou pequena e incómoda” explicou a concelleira Carme da Silva.
O desfile do Entroido (sábado, 25 de febreiro), a presentación do loro Ravachol (luns, 27 de febreiro), o Entroido Infantil e a Noite Pirata (martes, 28 de febreiro), os concursos de Murgas e Parodias e o velorio e enterro do Ravachol (sábado, 4 de marzo) son algunhas das citas imprescindibles da festa.
Como en anos anteriores e co fin de ir creando ambiente, a cidade acollerá a fin de semana anterior, o sábado 18 de febreiro, un pasarrúas de Madamas e Galáns, de Cobres (Vilaboa) que achegará a Pontevedra un exemplo de entroido tradicional.
O debuxante Kiko da Silva e o artista e académico de Belas Artes, Din Matamoros cualificaron de “emocionante” a colaboración para a creación de cartaz onde a capacidade de ver cousas onde os máis non as ven, a imaxinación e o amor pola terra van de man. Pan, aceite -comida en definitiva- e unha homenaxe a Sargadelos conflúen nunha imaxe icónica do Entroido local e de Pontevedra: o Ravachol e A Peregrina.
Programa completo:
SÁBADO 18 DE FEBREIRO DE 2017. Representación dos entroidos tradicionais
12.00 horas. Pasarrúas Madamas e Galáns de Cobres
VENRES 24 DE FEBREIRO DE 2017
20.00 horas. Praza da Ferraría. Degustación de filloas de Entroido
21.00 horas. Praza da Ferraría.Recepción do alcalde a Urco, rei do Entroido, quen chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoriños de Bora, Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas e Os Paparrulos.
Lectura do pregón.
SÁBADO 25 DE FEBREIRO DE 2017
11.00 horas. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos
16.00 horas. Rúa Eduardo Pondal. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.
17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a Rúa José Malvar e percorrendo as rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda 20.00 horas. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.
20.00 horas. Praza da Ferrería. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará a entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades
LUNS 27 DE FEBREIRO DE 2017
De 10.00 a 20.00 horas. III Campamento Urbano “Entroido Pirata”. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670
17.00 horas. Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces.
19.30 horas. Praza da Peregrina.Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación:Comando Foucellas.
21.00 horas. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXVI Concurso de Murgas.
MARTES 28 DE FEBREIRO DE 2017
De 10.00 a 20.00 horas. III Campamento Urbano “Entroido Pirata” Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670
16.30 horas. XXII Festa da Filloa, Concurso de Filloas. Actuación do mago Norberto. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra. Casa da Luz
17.00 horas. Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, e varios DJ.
22.00 horas. Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira!. Asociación Combrus e Troula. A continuación animación de rúa coas comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os 100 Tolos, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Vamos a Todo, Equipo Ja
MÉRCORES 1 DE MARZO DE 2017
17.00 horas. Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol”
17.00 horas. Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca.
18.00 horas. Centro Cultural de Campañó. Festival infantil do Entroido.
18.00 horas. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra A Toda Salsa
19.00 horas. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación do Coro Seitura, recreación do Coro Aires da Terra.
21.00 horas. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXVI Concurso de Murgas.
XOVES 2 DE MARZO DE 2017
21.00 horas. Pazo da Cultura. Final do XXVI Concurso de Murgas
VENRES 3 DE MARZO DE 2017
20.00 horas. Forovoz Pontevedra. Entroido, Filloas e Fogóns. Teatro Principal
23.00 horas. Prazas e rúas da cidade. XXII Mostra da Parodia do Entroido
02.00 horas. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXII Mostra da Parodia do Entroido
SÁBADO 4 DE MARZO DE 2017
12.00 horas. Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación de Foula e Os Alegres
18.00 horas. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso
21.00 horas. Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas: Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval e Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.
VELADA INFAUSTA
Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría
Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida loa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico. Programa:
– Introito coa lectura dunha elexía para o finado
– Ilusión Compañía, fragmento da obra Emigrante
– Celme, danza da morte
– Saeta Val do Lérez
– Incineración do loro Ravachol
V XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA
LUGAR : Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA)
HORARIO: 18.30 a 21.00 do LUNS 6 ao SÁBADO 11 de MARZO
Exposición fotográfica sobre o Entroido de Galiza
Xoves, 9 de marzo de 2017
19.30 horas. Proxección do documental “Madamas e Galáns: Historia do Entroido de Cobres”
Venres 10 de marzo de 2017
18.30 horas. Apertura das xornada18.45 horas. Conferencia Daniel Domínguez: “O Entrudio de Manzaneda: Tradicións e Persoaxes
19.30 horas. Conferencia Jorge Minas e Iván Fernández: “O Entrudio en Viana do Bolo”
20.15 horas. Conferencia de Eloi Alonso Freiría: “ A Figura do Choqueiro das Mariñas Brigantinas”
Sábado, 11 de marzo de 2017
18.30 horas. Conferencia de Queta Otero-Morales: “Historia do Carnaval de Marín”
19.15 horas. Conferencia Carolina Neira: “Satira no Entroido”
20.00 horas. Conferencia Pedro Peón: “Os Pradicacdores”
20.45 horas. Mesa redonda e coloquio final
XORNADAS GASTRONÓMICAS. Distintos establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos do Entroido. Coa colaboración do Centro Comercial Urbano-Zona Monumental