El Colmado - Tienda Gourmet
Galerías Virgen del Camino,57 Esq. Uxío Novoneira

Sobre nós...

Modernidade, innovación, calidade e un excelente ambiente

El Colmado Tenda Gourmet..., naceu coa paixón e a vocación de fomentar a gastronomía máis exquisita e tradicional,  e para ser o punto de encontro entre clientes cunha mesma afección, saborear e gozar. Trátase dun concepto innovador e dinámico, dentro dunha contorna agradable e acolledora,  coidamos os detalles na decoración, o deseño e a exposición dos produtos que ofrecemos, eliminando calquera barreira entre os nosos clientes e os nosos produtos.

Ofrecemos produtos gastronómicos seleccionados, bebidas, con denominación de orixe, identificación xeográfica protexida e elaborados de forma artesanal, ou de alta calidade e exclusivos.

É fácil darse conta do seu carácter mixto. Un par de mesas no interior da tenda e algunhas máis nunha ampla terraza, anímanche a gozar da nosa gran variedade de viños, (galegos por suposto)  sen que falten os bos Riojas ou Ribeiras do Douro, Toros, ou mesmo algún Fino ou Pedro Ximenez. Ou... a nosa selección  de Produtos Ibéricos de Landra e Queixos, ou os estantes con conservas ou aceites  anímanche a probar, e a comprar  para levar a casa, cunha excelente relación calidade-prezo.

Moito máis que unha  tenda...

Un lugar no que se pode degustar e gozar dun produto selecto a un prezo de tenda. Calquera produto que temos,  os viños, as conservas ou os embutidos podes compralos para tomalos en casa, ou preparámoschos para que os tomes no local ou na terraza. Todo iso con tan só un pequeno suplemento, no caso do viño de dous euros por descorche, e respecto dos embutidos ou conservas increméntase co prezo do pan.

Podes atopar unha ampla variedade de cervexas artesás galegas e de importación.

A isto hai que engadir que "El Colmado", conta cun persoal sempre disposto a atender as necesidades dos clientes, informarlles e asesorarlles de acordo aos seus gustos, cun trato amable e próximo. Mantemos a idea de ter unha excelente selección de produtos cunha gran relación, calidade-prezo.

Táboas de embutidos, queixos  e viños para levar a casa!!! Ou se prefires nós levámoschos

    Podes  solicitar persoalmente, por teléfono, ou por whatsapp,  bandexas de embutidos, queixos ou viños e nós  preparámolos ao teu gusto para que o recollas na tenda, ou levámoschos a casa. A nosa atención é persoal e individualizada e o que sempre prima é o desexo de que o noso cliente estea satisfeito.
    Tamén entre os servizos inclúese un servizo de catering para empresas, asociacións, ou reunións en xeral.

Cestas para agasallo

    En calquera data, se tes que facer un agasallo, e queres evitar o tradicional, podes visitarnos,  aconsellámosche e preparámosche unha cesta cos produtos que o teu elixas; chocolates, conservas, viños etc. E... sempre nos adaptamos ao teu orzamento, pois desexamos que os clientes sexan os verdadeiros protagonistas e que leven  sempre un bo sabor de boca. "

Ceas organizadas e aniversarios para nenos e adultos

       .   Outra peculiaridade da nosa tenda, é a celebración de aniversarios ou outros eventos, con menús personalizados, caseiros e a prezos moi atractivos.

Catas e degustacións

    Puntualmente, organizamos catas de diferentes  viños en colaboración coas  adegas e os seus enólogos ofrecendo a posibilidade aos nosos clientes de coñecer a súa procedencia, caracteristicas principais e o seu sabor. Todo iso acompañado coa degustación dalgún outro produto da nosa tenda tentando conseguir a maridaxe perfecta.

Localización

El Colmado, está situado nunha plazoleta interior que comunica as rúas Virxe do Camiño e Uxio Novoneira. (Á altura do supermercado Froiz e oficinas de Fenosa, respectivamente)

Dispoñemos dunha gran terraza na que poderás gozar dun bo viño, café, cervexa, embutidos... e onde os nenos poderán xogar sen ningún tipo de perigo.